A desconfianza é un sentimento de dúbida que xera pensamentos negativos e fainos ver per soas deshonestas ao noso ao redor. Con frecuencia, na infancia escóitanse mensaxes de intolerancia, opinións ou críticas que fan sentir confundidos aos cativos ou mudan o seu sentido da realidade; tamén as présas ou o xeito de vida pode facer xerar desconfianza. Aprender a confiar é indispensable para ter unha mente sa e relacións satisfactorias. Xulgar desde os feitos, atender ao que outras persoas teñen que dicir e observar a realidade sen estar á defensiva, é clave para un bo desenvolvemento. Pero este conto tamén nos ensina que o erro pode ser unha ferramenta que pode modificar unha actitude; unha oportunidade motivadora para aprender e xerar gratitude. A ilustradora, Graziella Troncatti, á marxe de respectar a intención da autora do texto, desenvolve e enriquece a historia desde as imaxes, estimulando así a sensibilidade visual dos lectores para ampliar o significado do relato